Extinguido o incendio que destruio o interior completamente do Santuario da Virxe da Barca
O
lume xa está extinguido no Santuario da Virxe da Barca e a imaxe que
pode comprobarse a través da TVG é clarificadora do gran desastre
acontecido nun monumento relixioso do século XVIII, onde o seu interior
viose gravemente danado case por completo, e só se poido salvar algúns
pequenos obxectos que se encontraban no seu interior.
Para
axudar nas labores de extinción, ademáis dos bombeiros de Cee,
encontrábanse alí, brigadas forestais, vehículos e persoal de Protección
Civil de Muxía, Camariñas, Vimianzo, Carballo, que por desgracia non
poideron frear o traballo dun lume que prendía sobre ás 07,00 h. da
mañan, despois do impacto dun raio nun transformador próximo ó Santuario
según as primeiras informacións.
O
longo do día será cando se estableza a comprobación dos danos xerais
sufridos no edificio do Santuario e coñecer a verdadeira magnitude deste
grave suceso que destruio un referente relixioso da Costa da Morte de
primeira orde.
A 1ª Crónica
A
primeira hora da mañan, a redacción do DC recibía imaxe a través dos
seus lectores en Merexo (Muxía) sobre o incendio que estaba destruíndo o
Santuario da Virxe de Barca en Muxía.
Según
indica La Voz de Galicia, ó 112 recibio aviso de incendio ás 08,29 h.
da mañan. A causa parece ser foi a caída dun raio que impactou contra un
transformador próximo e que provocou o inmediato incendio no teito do
Santuario.
Tan pronto dispoñamos de máis información ó respecto, iremos ofrecendo a última hora para os nosos lectores/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario