martes, 10 de diciembre de 2013

Campus Stellae

Os 'Amigos de Prisciliano' chegan a Compostela

A plataforma presidida polo escritor Ramón Chao instalou este luns en Compostela unha estatua en homenaxe a este bispo heretico.

Na fotografía, Xurxo Martiño e Moncho Paz, durante o acto celebrado este luns na capital de Galicia.¡ - FOTO: AP
Xurxo Martiño e Moncho Paz, durante o acto celebrado este luns

A plataforma cívica “Amigos de Prisciliano”, presidida polo escritor Ramón Chao, instalou hoxe en Compostela unha estatua en homenaxe a este bispo hispano que, xunto a outros compañeiros, foi o primeiro sentenciado a morte acusado de herexía e executado polo goberno secular, en nome da Igrexa Católica.
Trátase dunha estatua itinerante, concebida en terracota e obra do escultor mallorquín Eduardo Servera, que estará exposta ao público na sede de Altaira (Avenida de Lugo 199), academia de arte e ensino dirixida por Xurxo Martiño e Luz Varela, que cederon amablemente o espazo do seu escaparate para acoller esta singular iniciativa, coa que se pretende reivindicar a figura e a influencia de Prisciliano na cultura galega.
Considerado un símbolo da intolerancia política e relixiosa, Prisciliano fundou unha escola ascética, rigorista, de talante libertario, precursora do movemento monacal e oposta á crecente opulencia da xerarquía eclesiástica imperante no século IV. Os aspectos máis polémicos, en cuestións formais, eran o nomeamento de «mestres» ou «doutores» laicos, a presenza de mulleres nas reunións de lectura e o seu marcado carácter ascético.
A plataforma cívica “Amigos de Prisciliano”, fundada o ano pasado en Ourense, está integrada polo actor e guionista francés Jean-Claude Carrière (que asume a función de “presidente herético”), os xornalistas Ignacio Ramonet (vicepresidente) e Moncho Paz (secretario), Gabriel Núnez Chao (tesoureiro), os poetas Miguel Barrera e Pilar Maseda (delegados en Madrid e Lugo, respectivamente), e o escritor Kirmen Uribe (delegado en Euskadi), entre outros persoeiros. Asemade, conta cun amplo respaldo no eido da cultura e das letras galegas.
Esta entidade sen ánimo de lucro conta con financiación propia, a través da venta de camisetas cun logotipo deseñado polo artista polaco Jacek Wozniak, así como a participación en iniciativas culturais dentro e fora do territorio español. A máis recente foi a presenza de Ramón Chao na segunda edición do Marabilli Sormen Festibala, celebrado en Ondarroa (Bizkaia) o pasado mes de outubro, onde pronunciou a charla “Vargas Llosa… Leu o Quixote?”. Prisciliano de Compostela conta con perfil propio no Facebook, onde está a recibir múltiples adhesións. Na fotografía, Xurxo Martiño e Moncho Paz, durante o acto celebrado esta mañá na capital de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario