miércoles, 25 de diciembre de 2013

Urgente!!!!!! Camino de Muxía

Extinguido o incendio que destruio o interior completamente do Santuario da Virxe da Barca

O lume xa está extinguido no Santuario da Virxe da Barca e a imaxe que pode comprobarse a través da TVG é clarificadora do gran desastre acontecido nun monumento relixioso do século XVIII, onde o seu interior viose gravemente danado case por completo, e só se poido salvar algúns pequenos obxectos que se encontraban no seu interior.
Para axudar nas labores de extinción, ademáis dos bombeiros de Cee, encontrábanse alí, brigadas forestais, vehículos e persoal de Protección Civil de Muxía, Camariñas, Vimianzo, Carballo, que por desgracia non poideron frear o traballo dun lume que prendía sobre ás 07,00 h. da mañan, despois do impacto dun raio nun transformador próximo ó Santuario según as primeiras informacións.
O longo do día será cando se estableza a comprobación dos danos xerais sufridos no edificio do Santuario e coñecer a verdadeira magnitude deste grave suceso que destruio un referente relixioso da Costa da Morte de primeira orde.

A 1ª Crónica
A primeira hora da mañan, a redacción do DC recibía imaxe a través dos seus lectores en Merexo (Muxía) sobre o incendio que estaba destruíndo o Santuario da Virxe de Barca en Muxía.
Según indica La Voz de Galicia, ó 112 recibio aviso de incendio ás 08,29 h. da mañan. A causa parece ser foi a caída dun raio que impactou contra un transformador próximo e que provocou o inmediato incendio no teito do Santuario.
Tan pronto dispoñamos de máis información ó respecto, iremos ofrecendo a última hora para os nosos lectores/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario