El Camino Primitivo casi triplicó la afluencia en los últimos cinco años
La afluencia de peregrinos en el Camino Primitivo se multiplicó en los
últimos años. Tanto es así que, según los datos que maneja la Oficina
del Peregrino de Santiago de Compostela, desde el 2008 al año pasado el
número de romeros que eligió esta ruta aumentó en más de un 152%, es
decir, que casi se triplicó. Aun así, este es el quinto itinerario
elegido por los peregrinos que hacen el camino a Compostela, por detrás
del Francés, el Portugués, el Norte y la Ruta de la Plata. Quienes
escogen el Camino Primitivo representan en la actualidad tan solo el
3,17%, frente al 70,30% que elige el Camino Francés, el 13,69% que optan
por el Portugués o el 6,20% que lo hacen por el Norte.A Santiago llegaron el año pasado 6.854
peregrinos por el Camino Primitivo, una ruta que llega desde Oviedo y
que en la provincia recorre los municipios de A Fonsagrada, Baleira,
Castroverde, Lugo, Guntín, Friol y Palas. Se trata de la ruta de
peregrinación a Compostela más antigua, y se cree que el primer
caminante fue el rey Alfonso II el Casto, que viajó desde Oviedo hasta
la tumba de Santiago en el primer tercio del siglo IX. Un siglo después
se consolidó el Francés.
Víctor Lombardía, como
responsable de Protección Civil da Fonsagrada, encárgase do albergue
público de San Xoán de Padrón (A Fonsagrada) -titularidade da Xunta-
desde hai uns trece anos. Ninguén coma el para constatar a evolución que
houbo no Camiño Primitivo.
-¿Cambiou moito nos últimos anos?
-Moitísimo. Hai 13 anos un
peregrino parecía un bicho raro, pero esta ruta espertou no 2004 grazas
ás melloras na sinalización e ao labor do historiador Ricardo Polín, que
o deu a coñecer. No albergue de Padrón podemos dicir que cada ano
duplícase o número de peregrinos, e agora estamos case sempre cheos. Hai
moita xente, e notámolo a pesar de que agora, na Fonsagrada, ademais
deste albergue da Xunta, con 24 prazas, hai outros dous privados, tamén
con 24 prazas cada un, e hostais e pensións, que tamén reciben
camiñantes.
-¿Cal é o perfil dos peregrinos que chegan nesta época á Fonsagrada?
-Sobre todo grupos de rapaces
novos. É unha forma barata de pasalo ben e estar todos xuntos. Aquí no
público custa 6 euros a noite, e no privado 10. Ademais, este albergue
de Padrón ten un encanto especial: hai unha finca enorme na entrada, que
temos moi ben arranxada, con un lavadoiro no prado, tendedeiro,
lavadora, secadora, máquinas expendedoras, cociña... O punto negativo é
que está un quilómetros despois da Fonsagrada, polo que moitos servizos
quedan lonxe, e se os peregrinos están moi cansos ou chove prefiren
quedar na vila.
-¿Hai moitos estranxeiros?
-Depende da época. En maio, por
exemplo, o raro é encontralos de aquí. O normal é que sexan
estranxeiros, pero de calquera parte do mundo: Líbano, Australia, Xapón,
Brasil... Agosto si que é dos españois. En idade hai de todo, desde
novos ata xente de 80 anos.
-¿Veñen a pé ou abunda tamén a bicicleta?
-A maioría fano a pé, e os que
veñen en bicicleta non soen parar na Fonsagrada porque non coinciden as
etapas. Os ciclistas habitualmente paran en lugares como Castroverde ou O
Cádavo.
-¿Como influíu a nivel económico na comarca?
-Notouse moito. Hai que ter en
conta que o peregrino ten unha comida diaria de restaurante, normalmente
ao mediodía, e o que veñen buscando é, sobre todo, o polbo. O normal é
que a cea sexa de bocadillo ou algo cociñado no albergue, como ensaladas
ou pasta. E todo iso é consumo. Outro aspecto que empeza a espertar
agora, como ocorre noutras rutas, como a francesa, é o transporte de
mochilas ou xente que axuda aos camiñantes con transporte.
-¿Onde soen empezar a ruta aqueles que elixen o Camiño Primitivo?
-Este camiño vén desde Irún, e en
Oviedo bifúrcase pola Costa ou polo Primitivo. Pero a gran maioría
empeza en Oviedo. De alí á Fonsagrada son 6 días a pé e de aquí a
Compostela son outros 6, con 157 quilómetros. A diferenza é que en
Asturias o terreo é máis bravo que aquí, os descensos son criminais, hai
zonas de 1.600 metros de altura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario